As feiras, desde tempo inmemorial

A xente sae da estación nun día de feira de 1940

Catro son os días actuais de feria no municipio de Curtis, os días 9 e 23 de cada mes no pobo de Curtis, nun recinto feiral de 25.000 metros cuadrados, e os días 5 e 18 en Teixeiro, diante da Casa do Concello.

Pero a lenda sobre a calidade dos nosos produtos é de tempo inmemorial. Como exemplo, a fama do noso queixo de teto, que se remonta ao século XIX cando famosos investigadores como Lucas Labrada ou Pascual Madoz eloxiaron a feira do campo da Illana (Fisteus), onde se vendían os días 5 de cada mes, o que deu lugar a que durante moito tempo todos os de tetilla de Galicia fosen identificados directamente como queixos da Illana.

As nosas tradicionais queixeiras

Coa inauguración da Estación de Tren de Curtis en 1883 polo rei Alfonso XII non tardou en nacer un núcleo de poboación na súa contorna, onde se instalaron numerosos empregados na súa construción que decidiron quedar e que tamén atraeu a veciños da comarca, desexosos de participar no auxe da nova localidade.

Grazas a que esta liña de ferrocarril foi unha das mellor dotadas do traxecto do noroeste, o que supuxo un tráfico intenso de mercancías e parada obrigada para polo seu depósito de auga, o pobo de Curtis medrou con rapidez e co paso dos anos a súa feira acabou eclipasando á da Illana e conformándose como o punto de encontro ineludible da comarca, que se mantén ata os nosos días.

Non sería ata 1984 cando a Corporación acordou construír o primeiro recinto da feira, xa na súa actual ubicación, que foi moi mellorado nos últimos anos coa creación de catro enormes naves e o acondicionamento da súa contorna. Hoxe en día acolle 130 postos de comerciantes, conta con lista de espera e é un polo de atracción para o resto do comercio do municipio.

Unhas instalacións de primeira calidade, que xa están no circuíto europeo, son as herdeiras das feiras de 1900, sempre mantendo ese espíritu de ser o eslabón máis próximo á conciencia cultural da vila.