IV EDICIÓN ‘CURTIS NA LEMBRANZA, AS FEIRAS DE 1900’
27 de xullo 2019
⇒ 10.10 h. Chegada do tren de pasaxeiros procedente de A Coruña á Estación de Curtis. Serán recibidos con todas as honras por unha comitiva, polos Garatuxeiros e por personaxes da época.
⇒ 10.30 h. Apertura oficial da feira. Todas os postos e paradas estarán dispostos para rebuscar e mercar.
⇒10.30 h. Apertura das exposicións:
- Reportaxe fotográfico de Alberto Martí Villardefrancos sobre Curtis en 1957 (Bar López)
- O paso do tempo (Casa de Oriente)
- Curtis e o tren (Edificio Estación do Ferrocarril de Curtis)
- Así se facía (Casa Fontecoba)
- Circuito de vía métrica a escala 1:22,5 (Xardín da Estación)
- Carrilanas (Avenida Antonio Pintor)
⇒ 11.00 h. Pasarrúas a cargo de Faragullas.
⇒ 11.20 h. Cantares de cego con Luis o Caruncho e Chus Iglesias: ‘O cegho Matamá e Aldariña de Candeán’. Diante da farmacia.
⇒ 12.00 h. Lectura do pregón na Casa de Oriente, a cargo da Asociación Amigos de Curtis, acompañados polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e un membro da Asociación de Comerciantes.
⇒ 12.30 h. Actuación a cargo dos Bailadot@s e panderetei@s da Asociación A Carballeira.
⇒ 13.00 h. Chegará o carteiro ca correspondencia’ (teatro na rúa). Diante do restaurante Exprés.
⇒ 13.30 h. Elaboración do queixo e degustación dos cachelos nas pallas, na parada de Queinaga
⇒ 13.30 h. Cantares de cego con Luis o Caruncho e Chus Iglesias: ‘O cegho Matamá e Aldariña de Candeán’. Na Estación de Ferrocarril.
⇒ 14.00 h. Pasarrúa, a cargo de Os do Xalo
As 14.30 h., parada para xantar e repoñer forzas.
Se podedes, nos deixedes de probar a gastronomía dos establecementos do noso municipio
⇒ 16.00 h. Pasarrúas, a cargo de Faragullas.
⇒ 16.15 h. Cantares de cego con Luis o Caruncho e Chus Iglesias: ‘O cegho Matamá e Aldariña de Candeán’. Na entrada da feira.
⇒ 16.30 h. Demostración da antiga botica diante da farmacia, a cargo de Raquel Santamaría Martínez.
⇒ 17.30 h. Representación teatral infantil, na Carballeira.
⇒ 17.30 h. – 19.30 h. Diferentes pasarrúas a cargo dos diversos grupos que nos acompañaron o longo do día.
⇒ 20.00 h. O Tradicional Paseo das Mozas camiño do baile, que sairá da Estación de Ferrocarril nun percorrido pola Avenida Principal ata a Carballeira, onde nos espera o fin de festa cunha gran actuación.
⇒ 20.15 h. Peche oficial dos postos da feira.
⇒ 20.30 h. – 24.00 horas. Baile na Carballeira amenizado por un grupo musical
E, DURANTE TODO O DÍA….
- Cantos de taberna co grupo Parabéns (nos diferentes locais de hostalaría no recorrido da feira)
- Talleres/obradoiros
- Diferentes oficios e personaxes da época.
- Para os máis pequenos, tiovivo, noia e carrusel.
FESTA RACHADA
A Maristela, Grupo Parabéns, Garatuxeiros, Asociación de Mulleres de Curtis A Carballeira con teatro, bailadores e pandereteiras, Os do Xalo, O Cegho Matamá e Aldariña de Candeá e Faragullas.