Pregoeiro desta edición 2019

⇒ 2019: Asociación Amigos de Curtis

Este colectivo cumpre 25 anos de vida. Os seus membros, repartidos por toda a xeografía española e mesmo noutros países, sentiron a necesidade de seguir vinculados a súa terra e, froito desa morriña, naceu a asociación. O seu obxectivo: apoiar iniciativas culturais, sociais e deportivas locais, contribuíndo así ao desenvolvemento do municipio.

Entre outras achegas do colectivo, destacan as vidreiras e o cruceiro da Igrexa, así como a xestión nas subvencións para a súa restauración, colocación de reloxos dixitais no pobo ou homenaxes a mestres que se destacaron polo seu labor, entre outros.

Pregoeiros de edicións anteriores

⇒ 2018: Angel Mato Martínez

Este mozo curtiense é Mechanical Enginner no Instituto de Astrofísica de Canarias, organismo público de investigación que xestiona un dous dos mellores observatorios internacionais do mundo.

Viaxeiro empedernido e altruísta, representa a una nova xeración de curtiensen que pisa forte no mundo.

O seu obxectivo será pór en valor a tradición e a memoria do pobo e facer unha homenaxe aos nosos antepasados, «que durante máis dun século fixeron que Curtis e os curtienses sexamos o que hoxe somos».

⇒ 2017: Angela Isabel Pérez Corral

Coñecida como Gelines, foi mestra durante 40 anos no municipio curtiense. Durante o seu pregón lembrou como eran as feiras cando era pequena e como esperaba a súa celebración con ilusión.

Podedes ler aquí o seu pregón: Gelines: «Agradecemos ás persoas que durante moitos anos loitaron por divulgar esta feira e atraer visitantes» 

2016: Dolores Sánchez (Dolo)

A deportista Dolores Sánchez (Dolo) é futbolista profesional. Entre os seus logros destaca a consecución da Copa e do título de Liga de fútbol sala feminino como capitana do CD Burela FSF.

Tamén é desde o 2013 unha das Embaixadoras oficiais do Concello, título que concede a Corporación curtiense aos veciños/as que representan os mellores valores do municipio. O Goberno local recoñeceu así os 16 anos de traxectoria deportiva.