O 27 de xullo regresamos ao pasado
É o día da nosa cita convosco para rememorar como vivían os comerciantes e visitantes unha intensa xornada de feira a principios do século pasado. Anotade a data no voso calendario!
Onde nos atoparedes?
No pobo de Curtis. O mercado instalarase ao longo de toda a Avenida Principal -que foi ata 1934 a única vía do pobo- e tamén nas rúas contiguas, incluíndo a Carballeira.
Ambientación
Manteremos o encanto do pobo os días de feira de hai un século ambientando as rúas, postos e comercios. E claro, vestirémonos como outrora, e convidámosvos a que tamén o fagades vós.
Os horarios
Ás 10.00 h. estaremos en movimento. Os postos pecharán ás 20.00 h., pero ás 20.30 h. o baile comezará tras o Paseo das Mozas, que percorrerá a Avda. Principal para a festa final.