Sexan benvidos a 'Curtis na Lembranza, as feiras de 1900'
Amamos os mercados.
O de Curtis do século XXI é herdeiro das feiras de hai un século,
que se instalaban ao redor da estación de ferrocarril, inaugurada en 1883, e que axudou ao crecemento e á dinamización deste pobo.
Esta feira é e foi
xeradora de vida social e económica,
pero tamén punto de confluencia de necesidades e de costumes. É e foi lugar de afectos, que converten aos curtienses
nos mellores anfitrións, amables e acolledores.
En Curtis queremos lembrar e homenaxear a nosa historia, a das feiras, a dos aromas, a do bulicio, a das voces de vendedores e compradores, a dos tratantes e a dos animais expostos... A nosa mellor tradición.
Convidámoslle a revivir connosco estas sensacións.
Coñécenos mellor
O 27 de xullo regresamos ao pasado
É o día da nosa cita convosco para rememorar como vivían os comerciantes e visitantes unha intensa xornada de feira a principios do século pasado. Anotade a data no voso calendario!
Onde nos atoparedes?
No pobo de Curtis. O mercado instalarase ao longo de toda a Avenida Principal -que foi ata 1934 a única vía do pobo- e tamén nas rúas contiguas, incluíndo a Carballeira.
Ambientación
Manteremos o encanto do pobo os días de feira de hai un século ambientando as rúas, postos e comercios. E claro, vestirémonos como outrora, e convidámosvos a que tamén o fagades vós.
Os horarios
Ás 10.00 h. estaremos en movimento. Os postos pecharán ás 20.00 h., pero ás 20.30 h. o baile comezará tras o Paseo das Mozas, que percorrerá a Avda. Principal para a festa final.
Que descubriredes?
O pregoeiro
Actualidade
«A de Curtis non é unha Feira máis»
Pregón a cargo de José lópez Santamariña, membro da Asociación de Amigos de Curtis: "Moi bo día. De entrada varios… Ler máis
Sorteo de billetes de tren
A estación do tren de Curtis está estreitamente ligada ao nacemento deste núcleo de poboación. Con este nexo de unión, queremos… Ler máis
Pregón de Angel Mato na Feira de 1900
Pregón de Angel Mato, quen abriu a terceira edición de 'Curtis na Lembranza, as Feiras de 1900': Bos días Curtis!… Ler máis