Sexan benvidos a 'Curtis na Lembranza, as feiras de 1900'

Amamos os mercados. O de Curtis do século XXI é herdeiro das feiras de hai un século, que se instalaban ao redor da estación de ferrocarril, inaugurada en 1883, e que axudou ao crecemento e á dinamización deste pobo.

Esta feira é e foi xeradora de vida social e económica, pero tamén punto de confluencia de necesidades e de costumes. É e foi lugar de afectos, que converten aos curtienses nos mellores anfitrións, amables e acolledores.

En Curtis queremos lembrar e homenaxear a nosa historia, a das feiras, a dos aromas, a do bulicio, a das voces de vendedores e compradores, a dos tratantes e a dos animais expostos... A nosa mellor tradición.

Convidámoslle a revivir connosco estas sensacións.

Coñécenos mellor
Os 29 e 30 de xullo regresamos ao pasado

Son os días da nosa cita convosco para rememorar como vivían os comerciantes e visitantes unha intensa xornada de feira a principios do século pasado. Anotade as datas no voso calendario!

Onde nos atoparedes?

No pobo de Curtis. O mercado instalarase ao longo de toda a Avenida Principal -que foi ata 1934 a única vía do pobo- e tamén nas rúas contiguas, incluíndo a Carballeira.

Ambientación

Manteremos o encanto do pobo os días de feira de hai un século ambientando as rúas, postos e comercios. E claro, vestirémonos como outrora, e convidámosvos a que tamén o fagades vós.

Os horarios

Ás 12:00 horas estaremos en movemento e haberá moita troula! 

Que descubriredes?
Postos de produtos artesáns e típicos da terra, xogos populares, pasarúas, talleres de distintos oficios e obradoiros de alimentación, a mellor gastronomía, música, baile e exposicións.
A feira de 1900 en números
0000000

Visitantes

0000000

Talleres artesanais

0000000

Exposicións

0000000

Espectáculos

0000000

Anos de vida

Actualidade
Curtis celebrará os días 29 e 30 de xullo a VII edición da Feira de 1900

Curtis voltará a 1900 coa celebración da VII edición de Curtis na lembranza-As feira de 1900 os vindeiros 29 e… Ler máis

SEGUNDO ANO DOS «PREMIOS GRAZAS»

Por segundo ano consecutivo,  promovemos os premios «GRAZAS» para agradecer o esforzo e colaboración dos asistentes e veciños/as.   A… Ler máis

Leirabuxo e Odaiko actuarán na “Feira de 1900 – O Reencontro”

Os grupos musicais Leirabuxo e Odaiko actuarán nesta edición especial “O Reencontro” de “Curtis na lembranza- As feiras de 1900”… Ler máis